domingo, 7 de febrero de 2016

2016 - U8 Provincial - Noticieiro Galego

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Ames ▼

A-
A+
No mes de xaneiro Santiago de Compostela exerceu de anfitrioa do Campionato Provincial de Xadrez, cuxos finalistas poderán así acceder aos Campionatos Galegos. Alejandro e Nerea Cereijo, irmáns residentes no Milladoiro e pertencentes ao Club de Xadrez do colexio Manuel Peleteiro, acadaron o primeiro e o segundo posto respectivamente na categoría Sub-8. Os axedrecistas José Carlos Gestido, Félix Portugal e Remigio Duro, do club de xadrez amesán Millarengo Cultura, posicionáronse nos postos 8, 16 e 19 nas categorías sub-18 e Absoluta.
Os e as axedrecistas déronse cita nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, nun campionato que estableceu un novo récord de participación ao reunir a máis de 150 competidores e competiras que disputaron partidas de todas as categorías establecidas pola Federación de Xadrez, dende a sub-8 até a sub-18 e Absoluta.
Nin Nerea nin Carlos Cereijo partían como favoritos na categoría provincial, xa que ambos partían dos postos 4 e 5 no ránking inicial, non obstante ambos fixeron un gran traballo ao longo das sete roldas que se disputaron. A primeira, campiona feminina, gañou todas as partidas que xogou excepto a que a enfrontou co seu propio irmán na quinta rolda. O segundo, pola súa banda, triunfou en catro das seis partidas que xogou, facendo táboas na segunda ronda, e foi quen de vencer ao número 1 do ránking da categoría sub-8. Nesta categoría participaron 16 rapaces e 1 rapaza.
Na categoría sub-18 e absoluta participaron en total 23 xogadores, dos que tres pertencían ao club Millarengo Cultura: José Carlos Festido, Félix Portugal e Remigio Duro.

http://www.noticieirogalego.com/2016/02/uns-irmans-de-ames-ganan-o-campionato-provincial-de-xadrez-da-coruna-na-categoria-sub-8/Uns irmáns de Ames gañan o Campionato Provincial de Xadrez da Coruña na categoría Sub-8

No hay comentarios:

Publicar un comentario